Este venres día 23 non te podes perder a obra CACHAI da compañía MIROSCOPIO PERDICIÓNS
TEATRO REDE GALEGA DE TEATROS E AUDITORIOS-AGADIC
No Coliseo Noela ás 22:00 horas
Datos do espectáculo
Título: Cachai
Compañía: Miroscopio Perdicións
Clasificación: Teatro adultos / Contemporáneo
Duración: 1 h 20 min
Público: Adulto
Ficha artística
Autor: Pepe de Jiménez
Dirección: Pepe de Jiménez
Escenografía: Plan de Fugas
Son: Chinches y Blues
Iluminación: Ximo Rojo
Vestiario: Vicenta Gilabert
Cachai introdúcenos nunha viaxe. Unha viaxe que se inicia cando non queda nada, ás veces familia, casa, traballo, identidade legal, saúde ou afecto. A vida entón acontece grazas á insistencia por agarrarse a ela. Nunha loita constante por non perder a dignidade. Nunha loita por sobrevivir.
Cando non queda nada é preciso renacer. Renacer despois da perda. Renacer desde a carencia. Renacer dos anónimos, daqueles dos que ninguén se lembra, das vítimas. Dos inocentes. Dá igual se ocorre en Galicia, en Marrocos, en Chile ou en Palestina. Cachai?
21/1/09
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario