24/11/08

SEMANA DO LIBRO E A LECTURA

AQUÍ TEDES A PROGRAMACIÓN ACTUALIZADA DAS ACTIVIDADES ABERTAS AO PÚBLICO DE TODA A SEMANA!

TODAS SON NO COLISEO NOELA ÁS 18:00 HORAS, AGÁS A DO XOVES QUE É AS 17:00 H.

LUNS 24 DE NOVEMBRO ÁS 18:00 H. ANXO MOURE
Anxo Moure o "Atrapador de contos", contador de historias coidadosas coa natureza, de contos para un mundo mellor. Con el reciclaremos contos vellos que valen para tempos novos.

MARTES 25 DE NOVEMBRO ÁS 18:00 H. SERVANDO BARREIRO
Este contador e animador demostraranos como os contos, ademais de contalos, se pode cantalos. Só fai falta imaxinación e ganas d pasalo ben. Animádevos a descubri outro xeito de oír contos.

XOVES 27 DE NOVEMBRO ÁS 17:00 H. CELSO FERNÁNDEZ SANMARTÍN
Os contos dos avós e das avoas transfórmanse con Celso Sanmartín en creacións desbordadas de risas, espantos, ironía, anécdotas simpáticas e moita sabedoría.

VENRES 28 DE NOVEMBRO. TRINKE TRINKE
Un océano invadirá as tardes. Só tes que chegar, sentar, escoitar e deixarte levar polo mundo de maxia que che propón este contacontos.

E ADEMÁIS...

ESPOSICIÓNS PERMANENTES TAMÉN NO COLISEO

EXPOSICIÓN DE LIBROS CEDIDOS POLAS EDITORIAIS
EXPOSICIÓN DE ILUSTRADORAS E ILUSTRADORES
EXPOSCIÓN DE MATERIAIS ELABORADOS POR ALUMNAS E ALUMNOS

No hay comentarios: