7/11/08

RADIO


OBRADOIRO DE INICIACIÓN Á RADIO
Se che gusta o mundo da radio, esta é a túa oportunidade para aprender máis del.

Terá lugar os días 21 e 22/11/08 - 28 e 29/11/08

O temario componse de 10 módulos teóricos e prácticos que manteñen o equilibrio entre o entretemento e aprendizaxe para que a persoa participante poda experimentar dun xeito práctico a realización do seu programa de radio. Na teoría trátanse aspectos xerais de locución e técnicas de expresión, terminoloxía da radio e documentos para crear un programa, coñecemento dos equipos técnicos, información sobe diversos formatos, etc. Nos módulos prácticos demostrarán a súa pericia ante os micrófonos, a mesa de mesturas e demais equipos técnicos.

+ info e inscricións: 981824169

Organiza e subvenciona. Consello da Xuventude de Galicia e Secretaría Xeral de Comunicación. Dirección Xeral de Comunicación.
Colabora: Concellería de Benestar, Igualdade e Mocidade do concello de Noia

No hay comentarios: