26/11/08

BOOKCROSSING EN NOIA

POR FIN CHEGOU O BOOKCROSSING A NOIA!

O BOOKCROSSING OU LIBROS LIBRES É UNHA NOVA FORMA DE INTERCAMBIO DE LIBROS, E O SEU LEMA É

LER E LIBERAR!

CON ESTA INICIATIVA QUEREMOS CREAR UNHA GRAN BIBLIOTECA NA RÚA, ONDE OS LIBROS SE INTERCAMBIEN ENTRE AS XENTES QUE O ATOPEN, PERO PRECISAMOS DA TÚA COLABORACIÓN.
A VERDADEIRA ESENCIA DO BOOKCROSSING É QUE OS LIBROS LIBRES SON DE TODOS. POR ISO DEBES LELOS, DISFRUTALOS E LOGO LIBERALOS!

UN LIBRO LIBRE É AQUEL QUE TEN ESTA PEGATINA NA SÚA PORTADA!



QUE FACER SE TE ATOPAS CUN LIBRO LIBRE?

1º. Se cres que che pode interesar CÓLLELO
2º. LÉELO
3º. REXISTRA o teu comentario na páxina www.bookcrossing.es introducindo o seu BCID
4º. cubre o DIARIO DE VIAXE que está pegado no libro
5º. e LIBÉRAO!!!


PODES LIBERALO ONDE QUEIRAS, PERO DEBES SABER QUE HAI TRES ZONAS OFICIAIS DE BOOKCROSSING (CROSSING-ZONE)ONDE TAMÉN PODES FACELO. ESTAS ZONAS BOOKCROSSING SON:
A Biblioteca Municipal
A Tasca Típica
Babilonia.

¿QUERES COLABORAR CON ESTA INICIATIVA? Libera tamén os teus libros. Faino nas zonas oficiais bookcrossing. Pide o KIT DE LIBERACIÓN.

1 comentario:

ummagumma dijo...

O pub Ummagumma tamén se incorpora como punto de bookcrossing
www.pubummagumma.blogspot.com e www.pubummagumma.com