27/10/08
TEATRO
ESTE VENRES 31, ÁS 22:00 H. NO TEATRO COLISEO NOELA TEATRO DO ATLÁNTICO TRÁENOS "A BOMBILLA MÁXICA"
É unha comedia na que se afonda no complicado mundo da adolescencia e o non menos difícil da crise dos corenta, mesturado coa dureza dunha agonizante relación de parella en contraposición á enerxía que xorde dun novo horizonte amoroso en forma de amante, e do mundo da maxia coma apaixoante vía de escape.
"A bombilla máxica" narra a vida da familia Pollack, encabezada por Max, un cincuentón xogador compulsivo aterrorizado polo paso do tempo e cunha amante; fala da súa muller, Enid, que soporta a infidelidade e aguanta ós seus fillos, Steve (un futuro delincuente profesional) e Paul (tatexo, cun coeficiente intelectual elevadísimo e que crea unha realidade paralela na maxia); de Jerry, un representante do mundo do espectáculo; e de Betty, a fermosa xoven amante de Max.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario