11/7/08

FEIRA DO LIBRO



Non vos podedes peder as actividades que están programadas para a Feira do Libro!!!!

O xoves, 17 de xullo


11:00: Apertura da Feira
19:30: O escritor Mario Franco fará a presentación do seu libro A capela maldita, publicada pola editorial Toxosoutos. Xunto co autor, participará no acto Iria Lago, directora de publicacións.
20:30: Actuación do grupo de pandereteiras A Subela, da Sociedade Liceo de Noia
21:00: Inauguración oficial. Pregón a cargo do escritor e autor teatral Euloxio R. Ruibal

O venres, 18 de xullo

18:30: Animación á lectura. Contaxia. Espectáculo de contacontos e maxia coa participación de Fátima e o Mago David
19:30: Presentación do Obradoiro de escritura e relatos de Noia, publicado pola Editorial Toxosoutos. Participa a directora de publicacións Iria Lago, Loli Caramés, David Pérez Iglesias e os participantes no Obradoiro.
20:30: A vida nova de Madame Bovary. Recital narrativo-musical do escritor Xosé Carlos Caneiro, acompañado do guitarrista Xosé Manuel Salgado.
22:15: Sorteo dun lote de libros

O sábado, 19 de xullo. Xornada de homenaxe a Xosé Agrelo Hermo

12:30: Teatro para nenos e nenas. O grupo O Xeito Teatro, de Esteiro, representará a obra Cara lavada e chorisón, escrita por Xosé Agrelo Hermo.
13:00: Presentación do libro De Simón a Ratzinger, de Xosé Agrelo Hermo, publicado pola Editorial Toxosoutos. Interveñen no acto a directora de publicacións, Iria Lago e Pili Sampedro.
14:00: Conversas con Manolo Caamaño e Xosé Manuel Beiras, na Tasca Típica de Noia.
18:30: Animación á lectura. Teatro de rúa. Actuación do grupo Viravolta coa representación da súa obra Vida, crimes e prisión de Toribio de Mañón
19:30: Concerto da Banda Municipal de Música de Noia
20:30: O escritor Luis González Tosar, presidente do PEN Club de Galicia, presentará o seu libro Estúrdiga materia, publicado pola Editorial Galaxia, acompañado polo poeta Miro Villar. Durante o acto, o autor ofrecerá un recital de poemas do seu libro, acompañado polo violinista Kamo Petrosyan.
21:30: Circanelo. Gran espectáculo de teatro e circo na rúa, realizado por Fredi.
22:15: Sorteo dun lote de libros

O domingo, 20 de xullo

13:30: Actividades para nenos. Divertido contacontos realizado por Pavís Pavós.
18:00: Animación á lectura: Moito conto. Relatos infantís a cargo de Ana Carreira.
19:00: O escritor José Rodríguez Insua, presentará o seu libro José Rodríguez Fernández - Motor Ayón, publicado pola Editorial Toxosoutos. xunto co autor, participará no acto a directora de publicacións da editorial, Iria Lago.
20:00: a Editorial Toxosoutos fará a presentación da colección Trivium e do Premio de Historia Medieval de Galiza e Portugal. Intervirán no acto a directora de publicacións Iria Lago, Paulo Matínez Lema (autor do libro O Tombo de Toxosoutos) e Carlos Barja, presidente da fundación comarcal. Acto de clausura da feira do libro.
21:00: Clausura da Feira do Libro. Concerto da Banda Municipal de Música de Noia.
22:15: Sorteo dun lote de libros.

No hay comentarios: