5/5/08

EXPOSICIÓNS

ISMAEL TEIRA, TODO O MES DE MAIO NA CASA DA CULTURA



Ismael Teira pintou o seu primeiro lenzo aos dez anos, mentres se formaba tecnicamente na súa paixón, a pintura, pero algo lle preocupaba entón: o feito de non poder desenrolar a súa creatividade nas clases de pintura ás que acudía, véndose reducido a un mero copista. Despois de tres anos reprimindo a necesidade de expresarse decidiu emprender o seu propio camiño, pero nunca en solitario, acompañado sempre por un interese teórico que o levaría a iniciar os seus estudos en Historia da Arte, onde se atoparía cara a cara con artistas, as grandes figuras do século XX, que lle influirán determinantemente. Dende entón mantívose activo, en costante experimentación, deixándose levar por impulsos creativos e dando a coñecer a súa obra, mentres comeza a recibir o recoñecemento como nova promesa da pintura que é.

No hay comentarios: